Campaña solidaria para acoller nenos do Sáhara durante os meses de xullo e agosto.

Imprimir
nino-saharaui

Como tódolos anos a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí desenvolve a campaña "Vacacións en Paz", co fin de que nenos que viven nos campamentos de refuxiados no Sáhara podan disfrutar dunha estancia en Galicia durante os meses de xullo e agosto. Para iso, convocan a familias interesadas en acollelos a comunicarse coa delegación comarcal da ONG. O delegado no Val Miñor é Xosé H. Porto Varela, e os teléfonos de contacto 986369189 ou 679308833. Tamén por correo electrónico no enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , onde se dará todo tipo de información sobre este programa. Hai prazo ata finais de febreiro.

 

Porto Varela comentou que xa se están dilixenciando solicitudes, as que están chegando "a bo ritmo", manifesta. Agrega que a organización preocura traer este ano cincocentos nenos a Galicia , "polo que para iso pedimos colaboración e esforzo ás persoas e organismos do Val Miñor".

Carreras Solidarias nos centros de ensino o Día Internacional da Paz.

Por outra banda, como a ONG só se subvenciona a través de donativos e actividades que realiza para recaudar fondos, este ano está a promover carreiras solidarias nos centros educativos para que o alumnado poida participar e concienciarse do labor solidario con pobo saharauí. A mesma terán lugar o próximo 30 de xaneiro , Día Internacional da Paz.

Xosé Porto anima os centros de ensino da bisbarra a participar da actividade, "será un bo día para colaborar co noso programa", afirma." Polo que animamos aos centros educativos do Val Miñor que aínda non o fixeron se poñan en contacto coa nosa ONG para poderen participar e axudar a levar a cabo o programa Vacacións en Paz " .