O CIM de Nigrán pecha o curso de defensa persoal

Imprimir
Curso-de-defensa-persoal-im

A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude pechou hoxe un curso sobre defensa persoal, organizado polo Centro de Información ás Mulleres de Nigrán. O curso, que comezou o pasado 3 de novembro, contou coa participación de máis de vinte mulleres, puideron aprender de forma gratuíta técnicas e movementos para defenderse no caso de ameaza ou ataque de terceiros. A concelleira María José Pino cualificou esta edición do curso como "todo un éxito", e espera poder coordinar unha nova para principios do 2012.