Cursos de informática no Centro Antena “A Foz do Miñor”, en Sabarís para maiores de 50 anos.

Imprimir
teclado_pc

A Concellería de Traballo e a Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Baiona, organiza un curso para persoas maiores de 50 anos que non teñan coñecementos de informática. O curso terá unha duración de 48 de duración e desenvolverase no Centro Antena “A Foz do Miñor” de Sabarís.

Aquelas persoas interesadas poden informarse na Oficiña do axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Baiona no teléfono 986 38 50 48, As bases da convocatoria e as instancias están a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello o prazo de presentación de instancias será dende o día 5 de outubro de 2011 ao remata o día 15 de outubro de 2011.

O curso impartirase en horario de venres e sábados de 10 a 14 h. Prezo: 20 €. Consultas as bases e a folla de solicitude en www.baiona.org