A concellaría de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán organiza un curso de voluntariado ambiental, dirixido á sensibilización na protección do medio natural. O obxectivo do curso, aberto a tódolos interesados maiores de 18 anos, e formar voluntarios e voluntarias para que sensibilicen á poboación da necesidade de protexer o medio natural e colaboren tamén nas tarefas necesarias para conservar os ecosistemas. A actividade celebrarase en tres xornadas, o próximo 24 de setembro e o 1 e o 8 de outubro.