O Concello de Nigrán recibiu á campiona nacional de Slalom Olímpico, Antía Loira.

Imprimir
A campiona Antía Loira na recepción polo alcalde Alberto Valverde e a concelleira Liliana Silva en Nigrán.
Antía Loira campiona de España polo Club Piragüismo Val Miñor Frioya foi recibida no Concello de Nigrán polo alcalde Alberto Valverde e a concelleira de Cultura, Turismo e Deporte, Liliana Silva. A competidora ven de asinar na Canle Olímpic da Seu d´Urgell unha das páxinas máis brillantes da historia deportiva do Val Miñor ao adxudicarse o Campionato de España K-1 Júnior, primeiro título na Liga Nacional de Slalom Olímpico que logra o club de Nigrán. Antía Loira é a primeira palista galega júnior que obtén este título.