A concellería de Educación de Baiona entrega certificados a 15 alumnas da Escola de Adultos de Baredo.

Imprimir
Alumnas da Escola de Adultos de Baredo coa concelleira de Educación Mª Jesús Garbín.

A concelleira de Educación de Baiona, María Jesús Garbín entregou ás 15 alumnas que finalizaron o curso de alfabetización os certificados acreditativos. As asistentes á Escola de Adultos da parroquia de Baredo, salientaron que ademais dos coñecementos adquiridos, a experiencia aportoulles mais seguridade en si mesmas e unha maior autoestima.

O compañeirismo foi a nota predominante na xornada de clausura do curso. As alumnas elaboraron unha merenda que compartiron coa responsable de Educación. As participantes solicitaron á concelleira que o Concello reitere este tipo de curso para o ano próximo.