Últimos días para inscribirse no campamento de verán do Centro Cultural O Castelo en Vilaza.

Imprimir
campamento

Esta semana remata o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán do Centro Cultural O Castelo da parroquia de Vilaza (Gondomar). As actividades desenvolveranse entre as 8:30 ás 14:30 horas cun programa deseñado polo equipo Rey Midas.

Nos campamentos realizaranse obradoiros lúdicos e deportivos, xornadas recreativas, e semanas temáticas. Un monitor cada 12 nenos organizados e separados por idades coordinaran as actividades.

O Centro Cultural O Castelo informa que os campamentos cumpren con tóldalas normativas legais, seguros, etc. Salientan que o equipo responsable ten unha experiencia de moitos anos no traballo cos pequenos.

As reservas e consultas deben dirixirse aos teléfonos: 625122208 e 626042589, ou no Centro Cultural O Castelo de Villaza.