Apertura de inscricións para os cursos de verán da Escola Municipal de Tenis de Nigrán.

Imprimir
pelotas

O Concello de Nigrán abre as inscricións para os cursos de verán da Escola Municipal de Tenis ata o vindeiro 28 de xuño.Os cursos están dirixidos a nenos e mozos entre 5 a 18 anos. As clases impartiranse no mes de xullo , tres veces por semana cunha duración de 45 minutos.

A cantidade de prazas é limitada. Os inscritos poderán elixir entre a quenda dos días martes, xoves e sábado de 10 a 10:45 horas ou 11:30 a 12:15 horas. Tamén está dispoñible nos mesmos horarios a quenda dos días luns, mércores e venres.

O curso organizado pola concellería de Turismo, Cultura e Deporte de Nigrán terá un custe de 41 euros. O listado cos alumnos admitidos se fará público dos días antes do comezo do curso no taboleiro municipal das Dunas de Gaifar (Parroquia de Panxón).