Curso de primeiros auxilios para mozas e mozos en Baiona.

Imprimir
MedPack-2

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra, organizan un curso de Primeiros Auxilios para a mocidade de entre 16 a 35 anos, dentro do Programa Actívate. O prazo de inscrición comeza o vindeiro luns 13 de xuño ata o 8 de xullo de 2011. O curso é totalmente gratuíto e ten unha duración de 30 horas.

As clases terán lugar do 19 de setembro ata o 26 de outubro de 2011, os luns, mércores e xoves en horario de 17 a 19 h, en Baiona. Para participar nesta acción formativa terán preferencia os mozos empadroados en Baiona, que deberán presentar unha fotocopia do seu DNI. As persoas interesadas doutros concellos poderán anotarse nunha lista de reserva.

Máis información e inscricións na OMIX, no teléfono 986385925, ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo