Nace a Escudería Serra da Groba para os amantes do automobilismo no Val Miñor e o Baixo Miño.

Imprimir
serra-da-groba

Os amantes do automobilismo no Val Miñor e o Baixo Miño ten unha nova escuderia onde practicar este deporte na bisbarra. O pasado 1 de xuño formouse a Escudería Serra da Groba nunha xuntanza no concello de Nigrán. A entidade xurde a través dunha convocatoria nas redes sociais Facebook e Tuenti ao abeiro dun grupo de amigos coa afección común polos motores.

A escuderia foi dada de alta na Federación Galega de Automobilismo e está a tramitar a súa inclusión no rexistro de clubs da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A integran principalmente persoas do Val Miñor e o Baixo Miño.

A iniciativa ten por obxectivo principal a promoción do deporte do automobilismo nestas bisbarras e a curto prazo a realización do I Rallye Serra da Groba pola carreteiras das vilas comarcais. Para iso a organización convoca a xente nova e co esta afección a integrar os grupos de traballo que están a crear as infraestruturas necesarias para o rallye.