O Concello de Baiona abre inscricións para curso de monitor de lecer e tempo libre.

Imprimir
concello_baiona

As persoas interesadas en realizar o cursos de Monitor/a de Lecer e Tempo libre poderán realizar a correspondente matrícula a partir deste 1 de xuño e estará aberta ata o 27 de xuño. Esta actividade formativa está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Baiona, en colaboración coa FEMP e o INJUVE. O curso está homologado pola Xunta de Galicia, e consta dun total de 350 horas, desglosadas das seguinte forma: 200 h. teóricas e 150 h. prácticas. Estas últimas realizaranse en diferentes entidades e empresas do sector do lecer e o tempo libre.

Poderán participar nesta acción formativa preferentemente os mozos entre 18 e 35 anos que finalicen o ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria, graduado escolar ou equivalente. As clases teóricas comezarán a impartirse o próximo 4 de xullo e finalizarán o 31 de agosto de 2011. O horario lectivo será de luns a venres de 9 a 14 h.

O curso dispón dun total de 25 prazas, e o prazo de inscrición está aberto do 1 ao 27 de xuño de 2011.

A través do mesmo programa durante o pasado ano desenvolveuse con gran éxito outro proxecto de inserción laboral xuvenil, afirman dende o Concello. Nese caso impartiuse o curso de caixeira/ou reponedor/a, no que participaron un total de 20 mozas e mozos do municipio que posteriormente realizaron prácticas en diferentes supermercados do municipio e que a día de hoxe seguen traballando, agregan.

O prezo do curso é de 125 euros. Para máis información e realizar a correspondente inscrición os interesados poden dirixirse á OMIX, de Baiona persoalmente ou a través do teléfono 986385925.