Abren inscricións para a V Edición do Torneo Escolar de Tenis 2011 de Baiona.

Imprimir
pelota_tenis

O próximo 11 de xuño celebrarase a V Edición do Torneo Escolar de Tenis 2011, no Pavillón de Deportes Municipal de Baiona. As categorías participantes serán as de Benxamín mixto (nacidos en 02-01) e Alevín mixto (nacidos en 99-00) e Infantil mixto (nacidos 97-98), e a data limite de inscrición será o vindeiro domingo 5 de xuño.

A actividade está organizada pola Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, tendo o torneo por obxecto reforzar o programa escolar deportivo e a escola deportiva municipal de tenis. O sistema de competición e o calendario ofrecerase unha vez pechado o período de inscrición.

Para unha maior información ou confirmar presenza débese chamar aos teléfonos 986.356.558 - 679.196.881, ao Fax 986.357.474 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo