Nigrán organiza o II Obradoiro de sexualidade e erótica femenina.

Imprimir
obradoiro_erotica

A Concellería de Igualdade de Nigrán organiza un obradoiro onde convoca ás mulleres a aceptar a súa sexualidade como “un feito positivo e consustancial”, orientado a “fomentar actitudes positivas, reflexivas e abertas” entorno á relación co seu corpos. A actividade ten por lema “Xogando apréndese: Sexualidade e Erótica Feminina”, sendo o segundo obradoiro destas características organizado polo Concello. O mesmo terá lugar mañá venres ás 19:30 horas no Centro Antena de Nigrán, Rúa Otero Pedrayo, 52.

O taller responde “á demanda por parte das mulleres de adquirir máis coñecementos sobre a súa saúde sexual e como mellorarlla, informan dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Nigrán. Agregan que a través de Xogando apréndese “se pretende que as mulleres se dean permiso para coñecer, explorar e descubrir desde a xenitalidade a globalidade do seus corpos, desde a súa vertente máis estética e pracenteira á integración de seus corpos sexuados, coa súa anatomía e fisioloxía, e, as súas emocións e afectos sexuais”

A través destas actividades inténtase analizar e reflexionar sobre a sexualidade lonxe das trabas da “dobre moral patriarcal” e desde “unha perspectiva erotofílica de coidado, goce e crecemento persoal”. Segundo a organización “Reivindicar a sexualidade e a erótica feminina supón romper coas falsas crenzas que alimentan o mito da bela durminte que a supeditan ao patrón masculino. Desterrar vellos mitos, pantasmas e censuras e tomar conciencia de como vivimos e sentimos o noso corpo sexuado, e, de como desexamos vivir e expresalo a través de tódolos sentidos é o obxectivo deste espazo de encontro e diálogo entre mulleres, cuxa metodoloxía pretende ser participativa e de privacidade.”

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao CIM na antiga estación do Tranvía de Panxón, R/ Estrada pola Vía, nº 65, Telefono 986 383081, e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo