Nigrán: Curso “Voluntariado para traballar a igualdade entre sexos dende o teatro”

Imprimir
VOLUNTARIADO-cartel-curso-2011

Está aberto o prazo de inscrición para o curso de voluntariado solicitado pola Concellaría de Xuventude e Voluntaríado de Nigrán dentro do Plan de Formación de Voluntariado Galego da Xunta de Galicia. Dirixido a tódalas persoas interesadas no tema, preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias.

Existen 25 prazas dispoñibles, e o curso terá unha duración de 30 horas. As clases terán lugar os días  7, 14 e 21 de maio de 2011, no horario de  9,00h a 14,00h e de 16,00h a 21,00h. Lugar de celebración o Centro Antena de Nigrán. R/Otero Pedrayo nº 52 Nigrán.

Os contidos do curso:

-A improvisación: un detector de condutas sexistas.

-Escenas por parellas: un amplo abanico de posibilidades.

-Exercicios: O si máxico (e se eu fora…, que pasaría se …)

-Os roles nun contexto dado.

-Exercicios de status: relacións de poder.

-A igualdade de sexos na historia do teatro.

-Teatro como ferramenta psicopedagóxica.

-Decálogo de boas prácticas para unha dramatización en grupo.

-Introdución a dramaterapia.

-Teatro. Nicho de modelos alternativos.

Inscrición aberta a través de: www.voluntariadogalego.org (apartado formación)