Unha carreira en Nigrán para achegar auga e vida ao Níxer.

Imprimir
Carrera_Nigran-Vigo_2011Cartel

O deporte celebrará  unha nova xornada solidaria coa “1ª Carreira da Auga. Praia América. Gotas para Níxer” , que percorrerá  un circuíto polas rúas de Praia América ata A Ramallosa o próximo 24 de abril ás 11 de mañá. A un custe de 2 euros por persoa poderán inscribirse todos aqueles que desexen participar sen necesidade de estar federados. O total do recadado será entregado a UNICEF para os seu proxecto de potabilización de auga no Níxer. O evento está organizado por a propia UNICEF, A Sociedade Atlética Val Miñor e o Concello de Nigrán, e conta co apoio de importantes empresas do Val Miñor.

A participación é aberta e os corredores poderán facelo nas seguintes categorías: “Pitufos”, para nenos nados en 2004 en diante, que percorrerán 150 metros. Benxamíns (2002-2003) e Alevíns (2000-2001) cun recorrido de 1.500 metros.  Infantís (1998-1999), Cadetes (1997-1996) e Xuvenís (1994-1995) para un circuíto de 3.000 metros.  A categoría absoluta terá que cubrir unha distancia de 7.000 metros. A orde de saída establecida será primeiro as carreiras de infantís, cadetes e xuvenís, segunda a de Benxamíns e Alevíns, logo a de “Pitufos” e por último a carreira absoluta. A organización outorgará trofeos aos tres primeiros competidores en chegar á meta en cada categoría masculino e feminino. Tamén haberá un recordo conmemorativo para tódolos participantes “ata fin de existencias”.  Os deportistas contarán cun servizo de ambulancias e estarán cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante a carreira subscrito polo Concello de Nigrán.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 20 de abril ás 20 horas e poden realizarse na Novacaixagalicia , a Cafetería Estación Ramallosa, a Piscina da Mancomunidade do Val Miñor e a Oficina de Turismo do Concello de Nigrán en Dunas de Gaifar.

Os participantes deberán estar media hora antes do comezo da carreira para retirar os dorsais que serán entregados a partir das 10:30h e serán de uso obrigatorio. Ao rematar a competencia os atletas contarán cun servizo de duchas no Polideportivo Municipal de Nigrán.