Aberto o prazo para a reserva de praza na Escola Infantil de Baiona

Imprimir
concello_baiona

O Concello de Baiona informa das datas en que se pode realizar a pre inscrición para optar aos servizos da Escola Infantil municipal "Galiña Azul". Para os novos usuarios iníciase o 22 de marzo e finaliza o 16 de abril. Polo que respecta á reserva de praza para os fillos e fillas das traballadoras das Escolas Infantís ou para os irmáns ou irmás de alumnos que xa estean nos centros, o prazo será do 9 ao 21 de marzo.

As persoas que o desexen poden realizar as solicitudes e encher o formulario requirido na páxina web: www.igualdadebenestar.org. As solicitudes tamén se poden presentar nas dependencias da Escola Infantil, rúa Arquitecto Pazos n.º 4, en Baiona.

As listas provisionais de admitidos publicaranse o 9 de xuño e o prazo de reclamacións será de 10 días hábiles contados dende o día seguinte á súa publicación.