Cultura de Nigrán promove unha exposición colectiva do pasado recente: Faiado da Memoria.

Imprimir
faiado_2

O Concello de Nigrán a través da Concellería de Cultura quere recuperar un pedaciño do noso pasado máis recente e recuperar as imaxes que conformaron e deron forma á bisbarra durante o século XX. Lembranzas agochadas en fotografías que permanecen gardadas nos arquivos de cada cas. Dende o Concello de Nigrán queren que eses instantes sexan compartidos por todos os veciños: fotos da escola, de vodas, de festas, de traballo, etc para conformar unha exposición que amosará o pasado do noso pobo e das nosas xentes a través dunha exposición e mais un documental, parte do proxecto "Faido da Memoria".

De este xeito e en colaboración coas entidades veciñais de cada parroquia recolleranse as fotografías a particulares que serán scaneadas e devoltas aos seus propietarios, informa o concelleiro de Cultura Juan González. Con esta iniciativa procúrase que todas as persoas de Nigrán participen dende as asociacións veciñais e culturais facilitando a información para participar e os veciños e veciñas aportando ese cacho da historia da súa vida.

En este mesmo proxecto de recuperación da Memoria de Nigrán estanse dixitalizando os vídeos que hai máis de 20 anos conformaron a programación e os informativos da que era “Televisión de Nigrán” e que permanecen nos arquivos municipais. Esta é a memoria documentada en imaxes en movemento do noso pasado recente, horas e horas de gravacións do municipio e a comarca dos anos oitenta. Con toda esta riquísima documentación conformarase un documental e unha exposición que amosará o Nigrán que permanece na nosa memoria e na dos nosos maiores.