Inscricións abertas para clases na Escola de Teatro do Concello de Gondomar.

Imprimir
casadacultura

A Concellería de Xuventude fai unha convocatoria para mozas e mozos de 12 a 30 anos para inscribirse na Escola de Teatro do Concello de Gondomar. As clases serán tódolos martes a partir de marzo en horario de 18:30 a 20:30 horas. O período de inscrición finalizará o vindeiro 25 de febreiro.  Máis información na OMIX de Gondomar, na Casa da Cultura, no teléfono 986 369 746 e no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Este é o segundo ano que a Concellería de Xuventude de Gondomar, dirixida por Ignacio Troncoso, organiza esta actividade, "que gozou dun grande éxito durante a súa primeira edición" informan dende a concellería. A experiencia piloto concluíu en Nadal, coa estrea da primeira obra de teatro representada a cargo dos alumnos da Escola. Segundo informan o obxectivo do departamento "é dar continuidade a esta actividade, establecéndoa como unha proposta anual e continuada."