A Asociación Avelaíña procura a solidariedade do Val Miñor: “O teu nome tamén pode estar aquí”

Imprimir
cartel_avelaina

A Asociación Avelaíña, de Axuda a Persoas con Enfermidade Mental, anuncia o inicio esta semana da campaña “O teu nome tamén pode estar aquí” no Val Miñor. A mesma ten como finalidade contribuír a reducir o estigma que sofren as persoas afectadas por problemas de saúde mental, informa a organización. Rafael Álvarez Martínez, xerente de Avelaíña, explicou que a enfermidade mental se considera actualmente, no só un problema de saúde que afecta a unha de cada catro persoas en España, sino, que ao mesmo tempo, ten un importante compoñente social, pola “incapacidade laboral que causa e porque leva unha condena de discriminación cara a la persoa enferma e aos seus familiares”. Outro dos obxectivos que se persigue con esta campaña, es a captación de socios, “como una estratexia de maior implicación da poboación do Val Miñor, cara ao colectivo de persoas afectadas, e de apoio as súas posibilidades de inclusión social” informaron.

Gran parte do sufrimento destas persoas radica no rexeitamento e marxinación social que deben soportar, informan dende a asociación. Afirman que a percepción social da enfermidade mental está condicionada polo descoñecemento e a falla de información. Entre as acciones previstas da campaña, está a achega de carteis alusivos á campaña e cuxo lema “O teu nome tamén pode estar aquí” ten continuidade como mensaxe con outro anterior, distribuído o ano pasado pola asociación: «Todos podemos perdernos, axúdanos a atopar unha saída».

Esta acción va acompañada polo reparto de trípticos informativos sobre Avelaíña os seus obxectivos e servizos que realiza no centro en Gondomar. Tódolo material divulgativo se distribuirá en distintos puntos da bisbarra, centros de saúde, servizos sociais, etc.

Na actualidade Avelaíña conta con máis de 500 socios, maioritariamente do Baixo Miño. Explican dende a asociación que estas achegas regulares “ofrecen garantías de estabilidade,e son imprescindibles para desenvolver tódolos programas que a Asociación leva a cabo”.

Rafael Álvarez sinalou que, con esta campaña, “esperamos acercar o problema da saúde mental á poboación do Val Miñor, e lograr respostas positivas, a través da captación de socios, con una maior sensibilización y concienciación”.

AS persoas interesadas en contribuír coa campaña ou recibir maior información poden chamar ao teléfono da Asociación en Gondomar: 986 38 92 33.