Cursos oficiais de galego no Concello de Nigrán

Imprimir
Cursos oficiais de galego no Concello de Nigrán.

O Concello de Nigrán en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia porá en marcha cursos oficiais de galego cunha duración prevista de 75 horas cada un. Estás accións formativas están abertas participación de todas aquelas personas interesadas en adquirir coñecementos actualizados do noso idioma ou mellorar os xa existentes. Para facilitar a participación do maior número de personas os cursos teñen varios niveis de dificultade, que van dende a iniciación ao galego ata o seu perfeccionamento.

Estes cursos recollen os cambios producidos coa entrada do sistema da formación oficial en lingua galega, de tal xeito que preparan para poder superar satisfactoriamente os exames que realiza a Xunta de Galicia para obter os certificados acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, coñecidos como CELGA.

Todas aquelas persoas que queiran participar deberán inscribirse antes do 25 de febreiro de 2011 nas listaxes abertas no Concello de Nigrán cubrindo unha ficha que se porá a disposición nas dependecias municipais, Concellería de Cultura. As solicitudes serán atendidas por rigurosa orde de entrada.

Para ampliar esta información contactar co Concello de Nigrán no teléfono 986365000, extensión 201 ou na páxina web www.nigran.org