Apertura das inscricións para os cursos 2011 da Terceira Idade no Concello de Nigrán.

Imprimir
Participantes dos obradoiros na Ramallosa

O próximo luns 17 de xaneiro comezan as inscricións para os talleres dirixidos a persoas maiores de 60 anos e empadroadas no concello de Nigrán. A Concellería de Asuntos Socias, dirixida por Juan González, informa que como en anos anteriores os cursos se impartirán no Centro da Terceira Idade da Ramallosa. A data de comezo será o vindeiro 1 de febreiro e rematará en decembro de 2011 e o costo para o usuarios é de 0,50€/hora, as inscricións se poderán realizar no Concello de Nigrán de 9 a 14 horas e o prazo límite de anotación será o 28 de xaneiro.

Segundo o concelleiro Juan González "O goberno de Nigrán quere apostar de xeito contundente no reforzo das actividades dirixidas as persoas maiores en Nigrán levando a cabo cursos moi demandados pola cidadanía e coa ampliación e posta en marcha dun novo curso como é o de “Iniciación a Informática e Internet” os mércores e venres de 10 a 12,00 horas."

A relación de Cursos que se levarán a cabo en este ano 2011 serán:

Curso “Vivir o corpo”, ximnasia para maiores. Do 1 de xaneiro ao 15 de decembro.

Curso “Musicoterapia: Taller de Animación Musical”, do 3 febreiro ao 15 de decembro.

“Iniciación á Informática e Internet”, do 2 de febreiro ao 17 de xuño.

Curso “ActivaMente” Taller de Estimulación de memoria, mantemento 1”. Do 1 de febreiro ao 15 de decembro 2011.

Curso “ActivaMente” “Taller de Estimulación de memoria, mantemento 2”. Do 3 de febreiro ao 15 de decembro.

Curso “ActivaMente” Taller de Estimulación de memoria. Iniciación”. Do 1 de febreiro ao 13 de decembro. Total 58 horas.