Cabalgatas de Reis: O día dos nenos do Val Miñor.

Imprimir
reis-nigran-3
rondalla-1
rondalla-2
rondalla-3
rondalla-4
rondalla-5
reis-nigran-1
  • Anterior
  • 1 of 7
  • Seguinte

Os Reis Magos e as rondallas brindaron alegría e color á bisbarra miñorana nunha tarde onde a choiva non minguou a ilusión de centos de nenas e nenos que se achegaron as tradicionais cabalgatas de Reis organizada polos concellos de Gondomar e Nigrán. Os queridos Magos de Oriente tiveron que modificar parte dos itinerarios polo estado do tempo, pero todos se apañaron para non faltar a festa. A Rondalla de Santiago de Parada en Nigrán e as rondallas A Merced de Chaín e A. VV. de Galiñeiro de Vincios en Gondomar foron as encargadas de musicalizar a tarde. Así, entre músicas, caramelos e moito vento os cativos a pé de canón esperaron a súa quenda para entregar as cartas para que mañá ninguén esquece que hai chinelas esperando.