“Quen queres que che goberne, Rajoy ou a Coca Cola?” O TTIP a debate en Gondomar.

Imprimir
stop-ttip-generic-fb

A pregunta ben podería inspirar unha enquisa en todo o Estado. Os Estados Unidos e a Unión Europea levan dende o 2013 mantendo negociacións cara a sinatura dun tratado de libre comercio coñecido como a Asociación Transatlántica de Comercio e Inversión TTIP (siglas inglesas de Transatlantic Trade and Investment Partnership). A súa execución permitiría a formación dun gran bloque integrado por ambas as dúas economías que xuntas suman cerca do 60% do PIB mundial, un terzo do comercio internacional de bens e servizos e 800 millóns de consumidores. Mais a gobernanza deste bloque podería caer en mans de lobbys e os grandes grupos económicos, máis que nos estados e nacións asinantes do convenio.

Os contidos destas conversas mantense en secreto. Os campos da economía coas conseguintes afectacións en materia comercial e social, se sospeitan, fíltranse na prensa, pero en realidade están a ser información restrinxida dun selecto grupo de axentes negociadores. Subvencións, aranceis, inversións, normas laborais e até as soberanías parlamentarias locais están comprometidas no paquete temático que podería quedar comprometido tralo peche dun acordo internacional.

Pese ao impacto na vida cotiá que para todos os cidadáns terán as resultas destas negociacións, poucas veces existen posibilidades de achegarse a explicacións sinxelas sobre esta problemática. Neste senso, a iniciativa do grupo feminista do Val Miñor, Comando Ghichas e a Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro o CDL de Gondomar acollerá unha charla – debate informativa sobre o TTIP.

Será este venres 22 de xaneiro ás 20 horas na Aula número 6 do Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar. A xuntanza contará coa intervención de membros do grupo ECOAR.