Nigrán anuncia a próxima contratación de 30 persoas no marco do plan provincial de cooperación.

Imprimir
auditorio-nigran

O Concello de Nigrán anuncia a contratación este ano a través da deputación de 30 traballadores "co xeito da mellorará a atención á veciñanza e ao patrimonio municipal"

O 'Plan Provincial de Cooperación", dirixido a desempregados que xa non cobran prestación, permitirá por en marcha por vez primeira unha liña telefónica de atención directa ao cidadán

Os perfís requiridos mediante esta convocatoria de subvención van dende peóns forestais a albaneis, conserxes para os colexios públicos ou administrativos
"Estes postos significan a posibilidade de mellorar sensiblemente a atención aos veciños e ao patrimonio sen afectar en absoluto ás contas municipais", incide González.

 

O Concello de Nigrán contratará a través do Plan Provincial de Cooperación da Deputación de Pontevedra a 30 traballadores para o ano 2016 grazas á achega de 213.215,32 € do ente provincial. A subvención permitirá incorporar á plantilla a 14 peóns forestais, 5 peóns de albanelería, 4 conserxes de instalacións municipais, 5 auxiliares administrativos e dous condutores de guindastre, todos perfís requiridos dende o consistorio para cubrir postos considerados polo goberno como prioritarios para a mellorar a atención á cidadanía ou ou garantir un óptimo mantemento de infraestruturas.

O proceso selectivo, segundo publican as bases e como xa sucedeu na derradeira convocatoria, estase a levar a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, dentro da máis absoluta transparencia, entre desempregados que non son perceptores de prestacións ou ben son perceptores de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia (RISGA e similares). Previsiblemente, iniciarán a súa labor entre febreiro e marzo para concluír antes do 31 de decembro de 2016.

A conservación dos bens municipais, o mantemento das estradas, camiños e roteiros en perfecto estado, a protección do medio ambiente ou a preservación das instalación escolares son eixos da política do goberno socialista, polo que os perfís os de peóns forestais e albaneis cobran especial protagonismo neste eido. Pero a clara aposta pola educación pública se materializará tamén na contratación de tres conserxes que realizarán a súa labor nos CEIP Carlos Casares (Vilariño), A Cruz (Camos), e Mallón. "Son postos que non están cubertos actualmente e que consideramos prioritarios para un perfecto funcionamento diario nos centros escolares xa que contribúen a dar un mellor servizo aos nenos e, por ende, a toda comunidade educativa", indica Juan González, alcalde de Nigrán.

Atención telefónica
Pero sen dúbida, a maior novidade que será posible grazas á contratación de dous dos auxiliares administrativos será a implantación dun servizo de atención telefónica directa ao cidadán, que ata agora nunca existiu, e que toma como referencia o bo funcionamento en concellos como o de Vigo. Este equipo permitirá unha relación directa do cidadán coa súa administración máis cercá, poñendo fin a tediosa espera ao teléfono a través dunha máquina tipo contestador. "A atención ao público de xeito directo e dando solucións concretas a cada persoa é fundamental nunha institución como o Concello, por iso é imprescindible poñer en marcha este servizo que supón un paso máis na nosa política de transparencia, accesibilidade e cercanía", subliña González. A maiores, esta labor se verá reforzada pola contratación de un cuarto conserxe para a casa consistorial que atenderá aos cidadáns e colaborará na diferentes xestións municipais.

Os tres restantes auxiliares administrativos exercerán a súa labor no departamento de Medio Ambiente, no Centro de Información ás Mulleres (CIM) e na Concellaría de Deportes. "A nosa aposta pola protección da natureza, pola igualdade e atención as mulleres e o apoio ao deporte se materializa tamén nestas contratacións, xa que queremos unha xestión óptima nestas áreas esenciais da nosa política", indica González.

Finalmente, a incorporación de dous condutores de guindastre municipal permitirá dar solución durante todo o ano 2016 ao servizo de grúa a coste cero para o Concello.
"A labor de estes 30 empregados contribuirá a mellorar os servizos municipais máis directamente vinculados coa atención á cidadanía e coa conservación do patrimonio e o entorno, todo elo ao tempo que se garanten uns ingresos a persoas en risco de exclusión social e se facilita a súa incorporación ao mercado laboral unha vez finalicen a súa estancia no Concello", incide González, quen recalca que o seu traballo mellorará sensiblemente a atención aos veciños sen afectar en absoluto ás contas municipais.