Nigrán contratará 30 persoas para labores de desbroza durante dous meses.

Imprimir
neteges-manuals-mecaniques

O Concello de Nigrán recibe 58.000 euros da Deputación para a contratar 30 peóns forestais nos meses de novembro e decembro. A oferta procura contratar 30 persoas dende o 1 de novembro ao  31  decembro de 2015 para realizar labores de desbroza.  O acceso aos postos de traballo realizarase a través dos Servizos Públicos de Emprego. Os novos empregados terán un contrato de 35 horas semanais.

O Concello de Nigrán recibiu da Deputación de Pontevedra, a  través do II Plan de Conservación e Funcionamento de Bens Municipais, 58,390,80€ para a contratación de 30 persoas dende o 1 de novembro ao  31  decembro de 2015 para realizar labores de desbroce.

O acceso a este plan e a estes postos de traballo levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, d”entro da máis absoluta transparencia, entre veciños de Nigrán que estean desempregados e non sexan perceptores de prestacións ou ben sexan perceptores de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e similares)”, sinalan dende o Concello.

Engaden que con esta achega da Deputación Provincial o goberno de Nigrán creará equipos que atenderán especificamente ás labores de desbroza en tódalas parroquias e porá en marcha brigadas específicas que atenderán ao mantemento dos Centros Educativos Públicos, contribuirán ademais a por en valor sendeiros e rotas de sendeirismo ou  se encargarán de manter fontes e lavadoiros públicos. Os novos empregados terán un contrato de 35 horas semanais.

“É unha moi boa noticia porque trinta familias de Nigrán en risco de exclusión social poderán rematar o ano 2015 cun contrato de traballo que lles garantirá uns ingresos e, por outra banda, coa súa labor axudarán a ter un municipio máis coidado do que nos sintamos orgullosos”, sinala Juan González, alcalde do municipio.

As bases aprobadas pola Xunta de Goberno da Deputación para a contratación foron publicadas no BOP nº187 de 28/09/2015.