Garantía Xuvenil, o programa para a mocidade que non estuda nin traballa abre inscricións en Gondomar.

Imprimir
pies-mesa

O Programa de Garantía Xuvenil, é unha iniciativa da Unión Europea que ten como obxectivo que os mozos e mozas de entre 16 e 29 anos que non estean cursando estudos, nin teñan formación ocupacional, nin un emprego poidan recibir a través deste programa unha oferta de emprego, un período de prácticas, unha formación de aprendiz nunha empresa ou un curso nun centro de ensinanza.


Trátase de darlles a oportunidade de que adquiran unha formación, competencias e experiencias necesarias para aumentar as posibilidades de atopar un emprego.
Para darse de alta neste programa de Garantía Xuvenil deben pasar polaa Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar. Os interesados deben chamar para pedir cita ou información no 986.369.746