Gondomar abre inscricións para catro cursos gratuítos de formación na modalidade en liña.

Imprimir
ordandor taza boli

Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que xa levamos traballando estes sete últimos anos.

Ao igual que en edicións pasadas os cursos serán gratuítos, de entre 150 e 50 horas,  e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que se conta cun total de 60 prazas que serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición, sempre e cando se cumpran cos requisitos.

A oferta formativa deste ano será:

Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

Monitor/a de comedor escolar (incluído o título de manipulador/a de alimentos)

Técnicas de comunicación con persoas dependentes

Habilidades comunicativas de atención ao cliente/a

Para poder realizar algún destes cursos hai que formalizar a inscrición no Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224.