Presentan novos cursos da Antena Cameral da Cámara de Comercio en #Gondomar.

Imprimir
antena-josue-paco

O Concello de Gondomar e a Antena Cameral da Cámara de Comercio, neste municipio, presentar unha serie de curso que contarán co respaldo dun convenio cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Xunto co Concello de Gondomar sinalan que están a  traballar “para dar resposta á demanda formativa do tecido empresarial da zona”.

Nese senso esta semana presentouse o programa de formación  empresarial para o último cuadrimestre do ano.

A oferta inclúe cursos entre os que destecan o de manipulador de produtos fitosanitarios, operador de carretillas elevadoras, un seminario de xestión de alérxenos na hostalería e outros enfocados a vendas, márketing e novas tecnoloxías.

Afirman que “a  intención é sempre a de ofrecer cursos novos, mantendo aqueles que  son máis demandados e algúns de carácter obrigatorio”.

Para anotarse os interesados deben dirixirse á Antena Cameral de Gondomar, agora situada no CDL,  chamando ao 986 369 900 ou por correo electrónico á seguinte dirección: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo