A Xunta convoca as subvencións para gastos de primeira vivenda.

Imprimir
vivendas chande

A orde feita pública nesa xornada sinala o destino de 276.300 € para atender as concesións. Contía que anuncian, podería ampliarse. Esta orde ten por obxecto convocar para a anualidade 2015, a través dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva, subvencións destinadas a afrontar os gastos derivados da adquisición, da adxudicación ou da promoción individual de vivenda para uso propio, por parte de persoas que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.

Segundo a orden, poderán ser beneficiarias das subvencións os adquirentes de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral. As persoas adxudicatarias de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral promovidas en réxime de cooperativa. As promotoras individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral. E finalmente as adquirentes de vivendas libres de prezo limitado e de vivendas usadas.

As bases completas da convocatoria poden consultarse no Diario Oficial da Provincia de hoxe.