Comercios do Val Miñor ofrecerán este domingo artigos con descontos especiais na Ramallosa.

Imprimir
compras

-OVALMI organiza a primeira feira de oportunidades do Val Miñor

O próximo domingo día 2 de agosto, no paseo Torrente Ballester da Ramallosa, celebrarase a 1ª Feira de Oportunidades do Val Miñor. A iniciativa de OVALMI, o evento reunirá a máis de vinte comercios da bisbarra que ofertarán os seus saldos e produtos en eidos tan diversos como calzado, vestimenta, fogar, cosmética e informática entre outros. Todos eles, con grandes descontos, segundo sinala a web da organización.

 

"Portobelo", é o nome escollido por OVALMI para esta que contará con actividades de animación dende as 11 horas e permanecerá aberta ao público até as 10 da noite. A xornada conta co apoio do Concello de Nigrán, Xunta de Galicia.