Ábrese prazo de inscricións para un curso de dinamizador de comedores escolares en Gondomar.

Imprimir
comedor-escolar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, a través da OMIX , pon en marcha unha oferta educativa para formarse como dinamizador de comedores escolares. Segundo anunciou o concelleiro responsable, Ignacio Troncoso Quintas, o mesmo está dirixido preferentemente a mozos e mozas de Gondomar que estean inscritos como demandantes de emprego no INEM.

 

O curso realizarase do 3 ao 10 de setembro e nel se inclúe o título oficial de manipulador de alimentos. O obradoiro consta de 40 horas que se levaran a cabo en horario de mañá e tarde durante cinco días.

Para inscribirse neste curso se debe pasar pola OMIX Gondomar, situada na Casa da Cultura e recoller a solicitude , o prazo para inscribirse é do 2 ao 27 de xullo.

" Os comedores están xurdindo de novo e faise necesario que o persoal que está con eles teña unha formación para que ese tempo sexa aproveitado educativamente", sostivo Ignacio Troncoso . Agregou que o curso "é totalmente gratuíto, seguindo coas directrices marcadas por esta concellería