A Concellería de Igualdade de Gondomar informa que abre inscricións para un curso gratuíto de Iniciación a Microsoft Word e Powerpoint. O mesmo está dirixido preferentemente a mulleres desempregadas e cuns coñecementos mínimos informáticos. O prazo para anotarse vence o vindeiro martes 29 de maio.
O curso terá unha duración de 30 hora e dará comezo o vindeiro mércores 30 de maio. Segundo o informado polo Centro de Información ás Mulleres, a palestra proporcionará ferramentas básicas sobre o manexo dos programas Word e Powerpoint.
Para participar hai que inscribirse no Centro de Información ás Mulleres sito na Casa da Cultura R/ Portugal s/n telf: 986 360 224 ou por e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo