A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia ven de facer público as bases da para a solicitude da concesión das axudas ás familias con fillos ou fillas menores de 3 anos a cargo. O importe da axuda ascende a 360 € por neno/a.
A Xunta fai público as bases para a solicitude deste pagamento único para as persoas cun fillo ou filla a cargo que nacera entre o 2 de xaneiro de 2009 e o 1 de xaneiro de 2012 inclusives. Outro dos requisitos é que ningun dos membros da familia presentase a declaración da renda durante o 2010, ainda que fose de xeito voluntario.
No caso dos fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2011 a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou adminsitrativa que a declare.
O prazo para presentar a solicitude é de 40 días naturais dende a data de publicación do 15 de febreiro de 2012, e as solicitudes poderán presentarse por vía escrita ou por internet no enderezo da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=BS&;codProc=410A&procedemento=BS410A
Para a presentación por escrito, poderá tramitarse ante os concellos da comarca. No caso do concello de Nigrán, a xestión farase ante o Departamento de Servizos Sociais os martes e jueves de 9 a 14 horas.