Convócanse 8 bolsas de formación para actividades no Parlamento Galego.

Imprimir
parlemento_galego

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión de 20 de setembro de 2011, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas, relacionadas todas coa actividade da institución:

– 5 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

– 1 bolsa de formación en comunicación institucional.

– 1 bolsa de formación en publicacións.

– 2 bolsas de formación en informática.

– 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.

As bases están dispoñibles no BOPG n.º 546, do 26 de setembro de 2011, e na páxina web do Parlamento de Galicia

As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte (20) días naturais a partir deste venres 7 de outubro.