Inscricións abertas para cursos informáticos gratuítos en Nigrán.

Imprimir
ordenador-portatil-viajes-pequeno

O Concello de Nigrán ten abertas inscricións para unha serie de cursos informáticos a impartir no Centro Antena en Panxón. Os mesmos son de carácter gratuíto e terán unha duración de 30 horas. As clases se desenvolverán os luns, mércores e venres de 10 a 13 horas entre os días 3 e 26 do mes de outubro. Os interesados deben dirixirse ao Centro Antena o no CIM, ambos os dous en Panxón.

Estes cursos abordarán contidos de informática avanzada e estarán a cargo das Concellarías de Igualdade e Xuventude en conxunto con Emprego, Comercio e Patrimonio. Este luns 5 comezará un de iniciación á informática que se prolongará ata o próximo 26 de setembro, sen posibilidades xa de inscricións.