Créditos de ata 25.000€ sen aval para emprendedores da provincia a través da Deputación e La Caixa.

Imprimir
Rafael Louzán e Ramón Gatell durante a firma do convenio

A Deputación de Pontevedra e Microbank-La Caixa asinaron un convenio para ofrecer microcréditos por un importe máximo de 25.000 euros a emprendedores da provincia. Destinarase en total un millón de euros para financiar proxectos de autoemprego a pequenos empresarios, que -salvo se o titular é persoa xurídica-- non terán que achegar ningún aval, senón contar cun proxecto viable para a súa iniciativa.

Poderán beneficiarse destes microcréditos persoas físicas ou microempresas con menos de dez traballadores e unha facturación anual inferior a 500.000 euros. Os prazos para a súa devolución son de ata cinco anos incluídos seis meses de carencia opcional, a un interese de ata o 7,75% ata finais de ano. O principal requisito consiste en achegar un plan de empresa favorable de viabilidade.

A través da súa Oficina de Promoción de Emprego, a Deputación de Pontevedra ocuparase de detectar as necesidades de financiamento, facilitar asesoramento empresarial, analizar a viabilidade dos proxectos que se presenten e dirixir aos emprendedores á entidade financeira.