Curso en Gondomar para traballar como caixeiro ou repoñedor en supermercados.

Imprimir
Drankrek_Smatch
A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Gondomar manterá aberto ata o vindeiro 4 de maio o prazo de inscrición para un curso de caixeiro e repoñedor de supermercado. O mesmo está dirixido aos mozos e mozas desempregados de entre 16 e 35 anos de idade e terá 90 horas de formación -30 delas prácticas- e celebrarase do 9 ao 27 de maio en horario de 9.30 a 13.30 horas de luns a venres. Máis información na OMIX de Gondomar, na Casa da Cultura, no teléfono 986 369 746 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo