Cursos gratuítos de galego (CELGA) e inglés especializado para atención ao cliente en Gondomar.

Imprimir
O Concello de Gondomar abre o prazo de inscricións para cursos de lingua galega nos niveis 2 a 4 CELGA, e para cursos de inglés de atención ao cliente para desempregados. Cursos de lingua galega O concello de Gondomar xunto coa Consellería de Presidencia organizará cursos de lingua galega, niveis CELGA 2 - 4, equivalentes Aos antigos graos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega. Estes cursos, de 75 horas lectivas cada un, levaranse a cabo no mes de abril no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar en horario de 19’30 a 22’00 horas. As persoas interesadas en realizar algún destes cursos deberán inscribirse antes do 23 de febreiro no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar, Avda. do Conde s/n ou chamando ó teléfono 986 384 020, fax 986 384 021 ou e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Curso de inglés para atención ao cliente. A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar, dependente da Concellería de Xuventude, ofrece a posibilidade de participar nun curso de inglés, especializado en atención ao cliente, a tódolos mozos e mozas desempregados con idade comprendida entre 18 e 35 anos. As clases darán comezo o día 21 de febreiro. Dirixido especialmente a xente interesada en traballar no sector servizos. Os interesados deberán inscribirse no local da OMIX de Gondomar, situado na Casa da Cultura, ou ben chamando ao 986 369 746. O prazo de inscrición finalizará o día 17 de febreiro.