Convocatoria para a “II Quedada BTT na Serra do Galiñeiro”

Imprimir
Macha-BTT

Dende a Asociación Veciñal Galiñeiro de Vincios comunican que estase a convocar a II quedada BTT Monte Galiñeiro para o día domingo 25 de outubro.

O itinerario dará comezo ás 9 da mañá coa saída dende o Centro Cultural de Vincios.  Os participantes recibirán avituallamento á metade do camiño. Ao finalizar facilitarase o lavado das bicicletas tras percorrer aproximadamente 30 quilómetros.

A convocatoria é para maiores de 16 anos.