Jose Manuel Gutiérrez do Rías Baixas, logrou a sétima praza na xeral final da Volta a Cantabria

Imprimir
Cantabria-equipo

Jose Manuel Gutiérrez subiu este xoves ao podio final da Volta Cantabria como mellor corredor da terra tras acabar no Top 10 da xeral. O corredor santanderino, sétimo na clasificación definitiva, e Aser Estévez, undécimo, foron dous dos nomes propios da terceira e última etapa desta rolda. Unha xornada que resultou tan decisiva como se esperaba e na que Samuel Rodríguez non puido manter a súa maillot de líder da montaña.

Nun percorrido de 149 quilómetros con catro ascenciones puntuables, os dous xefes de filas do Club Ciclista Rías Baixas formaron parte da selección de trece corredores que se quedou á fronte da proba na subida á Collada de Ozalba, de 2ª categoría, coa cima situada a 40 quilómetros da liña de meta de Potes. Co líder Mikel Aristi (Fundación Euskadi) descolgado, a etapa reina e a volta decidíronse 15 kms máis tarde no seguinte paso polo mesmo alto. Un grupo de cinco corredores marchouse por diante, entre eles Jaime Rosón (Caja Rural) que venceu en solitario e anotouse o triunfo na xeral grazas aos trece segundos de diferenza que logrou neste desenlace.

Os dous representantes da formación de Nigrán chegaron no segundo grupo a un minuto e medio do ganador. Gutiérrez foi noveno na etapa o que lle serviu para escalar na xeral á sétima praza, mentres que Estévez entrou undécimo e situouse nese mesmo posto na clasificación final.

O ritmo dos máis fortes non o resistiu Samuel Rodríguez, que empezou a xornada como líder da montaña e defendeu con uñas e dentes o seu maillot pasando en primeira posición polo primeiro porto, o Alto de la Hayuela. Con todo, non volveu puntuar e os 11 puntos que acumulou superounos Jaime Rosón con 15.