O CB Nigrán comeza os seus adestramentos de portas abertas en Panxón

Imprimir
cb nigran nenos

A partir do próximo 1 de setembro o Club Baloncesto Nigrán comeza os seus adestramentos nas pistas do pavillón municipal e no CPI de Panxón. Á vez fai unha convocatoria a nenas e nenos que desexen formar parte dos equipos de minibasket do club.

Sinalan que esas sesións de adestramento supoñen o inicio da tempada de cara á preparación dos seus equipos na Liga da Federación Galega de baloncesto que comezará o próximo mes de outubro.

Engaden que club seguirá traballando este curso nas escolas deportivas que teñen nos diferentes colexios da localidade. "A colaboración das ANPAs e direccións dos centros co club foi clave para o excelente desenvolvemento desta actividade que posibilitou a participación dos equipos escolares en diferentes torneos aos longo da tempada facendo as delicias dos mais pequenos que se sentiron como grandes estrelas do baloncesto", sinalan

Informan que a xunta directiva e a dirección deportiva do club están ultimando a detalles do que será o primeiro torneo internacional de baloncesto organizado polo club. A desenvolver os días 12 e 13 de setembro e nos que varios clubs de Portugal e diferentes puntos de Galicia viaxarán a Nigrán para participar no mesmo.

Os que desexen contactar co club poden facelo no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .