Tres ciclistas do Rías Baixas terminan no pelotón cabeceiro da primeira etapa da Volta a Toledo

Imprimir
Toledo1

Tres representantes do Club Ciclista Rías Baixas finalizaron a primeira etapa da Volta a Toledo, de 124 quilómetros entre Ocaña e Consuegra, co mesmo tempo que o ganador Kevin Suárez (Gomur). Aser Estévez, Cristian Mota e Alejandro Santos entraron no grupo principal de 65 corredores que se xogou a vitoria no sprint.

Tras esta xornada cun perfil bastante chan, mañá chega o primeiro contacto coa montaña. A nove quilómetros da liña de meta de Guadamur coróase unha ascensión de segunda categoría, o Cerro de los Palos.