O 7º Open de Tenis #Gondomar superará a marca histórica de participantes no torneo.

Imprimir
tenis gondomar

Máis de 100 tenistas afeccionados participarán da 7ª edición do tradicional Open de Tenis Concello de Gondomar. Así o informa o Club Tenis Gondomar, organizador do evento. A directiva salienta a alta participación neste ano, todo un record en materia de inscricións. As competencias se desenvolverán nas categorías Absoluta masculina e feminina e Infantil masculina e femina.

A competencia se desenvolverá nas novas pistas exteriores do Pavillón de Deportes de Gondomar, as que serán inauguradas oficialmente co torneo. O torneo dará comezo o vindeiro luns nas dúas pistas (situadas detrás do campo de fútbol As Cercas). A inauguración será pola mañá e inmediatamente dará comezo a competencia.

Anúnciase a entrega de premios e obsequios a todos os participantes así como o sorteo dun circuíto mariño para dúas persoas no Hotel Talaso.

"Esperamos que podan disfrutar dunha semana de bo tenis e mellor compañía no noso concello", sinalan dende o club no convite achegado a través das redes sociais.