Desenvolveuse o campus de ciclismo de Baiona

Imprimir
campus-ciclismo-baiona1

O pasado luns 6 de xullo deu comezo campus de ciclismo de verán organizado polo Concello de Baiona e a entidade financeira La Caixa. Nesta edición alcanzouse os 37 inscritos, o maior número dende que se desenvolve esta actividade.


O campus desenvólvese na contorna da praia da Ladeira, e parte da estrada do cemiterio que péchase de 9 a 14 horas para permitir a realización do campus. A xornada empeza ás 10, onde logo de calentar en xeral, fanse 3 grupos para traballar segundo nivel de destreza sobre a bicicleta. A idade dos inscritos vai dende os 4 anos ata os 13.