Inscricións abertas para o Campus de ciclismo en #Baiona.

Imprimir
campus-ciclismo-baiona

Do 6 ao 10 de xullo terá lugar o Campus de ciclismo do Concello de Baiona. As xornadas comezarán ás 9:00 h e durarán ata as 14:00h . Durante estes días os participantes poderán gozar da bici a través das diferentes actividades programadas: gymkanas, carreiras, marchas, mecánica, iniciación ao duatlón, educación vial, ademais de gozar da contorna e da natureza.

Estarán como invitados Gustavo Rodríguez (exciclista profesional) e Aida Valiño, triatletas profesionais e campións de España de Triatlón de media distancia. A organización promete "unha chea de sorpresas máis"

Aínda hai prazas dispoñibles. A idade recomendada de 6 a 12 anos. Obrigatorio casco e bicicleta.
Para máis información 667758169