Resultados do encontro da Federación Galega de Caza na Portavedra

Imprimir
foto cansparadapo2015c

Cunha climatoloxía acorde coa estación na que nos atopamos, unha participación de 20 cazadores e 36 cans, e baixo a organización da Federación de Galega de Caza en Pontevedra que contou coa colaboración da Sociedade de Caza "A Gondomarense" de Gondomar, o derradeiro domingo disputouse a Copa Federación de Cans de Parada en terreos da Portavedra.

O exercicio comezou pasadas as 10 de mañá e rematou logo das tres da tarde, cando xa os estómagos tiñan un ruxe-ruxe preocupante. Unha competición moi vistosa que se viu arroupada polo mandatario municipal, Juan Francisco Ferreira, cazador el, que se achegou ata o lugar da proba acompañado da súa dona e fillo e maila Concelleira de Cultura e Deportes, Nuria Lameiro, co obxecto de saudar aos representantes federativos, organizadores e participantes en xeral, fotografándose incluso ao final con todos eles. Xesto que agradeceu o Presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Paco Couselo, "Non podía vir o xantar e achegouse ata aquí para ver a competición e estar connosco un chisco. Foi todo un detalle", comentou.
O evento non implicou a matanza de ningún animal, segundo informou o alcalde Ferreira.
CLASIFICACIÓN
Continentais:
1º, "Aris" (BAM), de José Vicvente Cortés Doce, con un Excelente.
2º, "Denon", do mismo propietario, con un MB.
Británicos:
1º, "Fabri" (SIM), de Roberto Dopico, con un Excelente
2º, "Tolo" (PM), de Adolfo Limes, con un Exc.2º.
3º, "Halcón" (SIM), de José M. Carnota, con un MB.
4º, "Sol" (SIM), de Pedro Rodríguez, tamén con un MB.
5º, "Jirel" (SIM), de Eloy Rodríguez, igualmente con un MB.