Baiona bota andar a VI Travesía a nado.

Imprimir
travesia-nautica-baiona

O vindeiro sábado día 11 de Xullo a partir das 11.00 horas, e desde a Praia da Ribeira, o concello de Baiona conxuntamente coa Piscina Mancomunda do Val Miñor, organiza VI Travesía a nado Concello de Baiona gran premio Serviocio.
A travesía organízase en varias categorías e distancias sendo elas de carácter mixto aínda que as clasificacións realizásense por sexos:
-sub 12 - 200 Metros (Nados 2.003) - horario; 11.00 h (Praia Ribeira).
- sub 16 - 500 Metros (Nados 1.999) horario; 11.20 h (Praia Ribeira).
- adultos 1 (1.000 Metros); 11:45 h (Praia Ribeira).
- adultos 2 (2.000 metros) ; 12.30 h (Praia Santa Marta - Praia Ribeira).


Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina e as categorías establecidas son; Sub 12, Sub 16, adultos 1, adultos 2, establécese tamén clasificación absoluta e clasificación para os participantes censados en Baiona e entregásense agasallos e avituallamentos a todos os participantes a través dos patrocinadores da proba.
Para formalizar as inscricións deberán dirixirse á Piscina Mancomunada do Val Miñor ou través da plataforma informática de www.championchipnorte.com establécense os teléfonos de información; T: 986.356.558 e 986.353.677 ou tamén a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .
O prazo de inscrición finaliza o próximo día 10 de xullo ás 12.00 h.