Os peques do Areixa participarán da festa de fin de tempada do baloncesto en Navia

Imprimir
cb areixa

Este sábado 30 de Maio, de 16:30-20:00 en Navia A Academia Celta organiza unha concentración de clausura, para iso invitou a máis de 170 nenos da categoría baby pertencentes a distintos clubs de Vigo e contorna.
Esta concentración é o colofón aos torneos que durante toda a tempada organizou para os máis pequenos e nos que os participou a categoría Baby do Areixa de Nigrán. Ademais da competición a festa incluirá actividades paralelas como hinchables, bailes e merenda.

"Para os nosos babys que comezaron en outubro é o punto final a unha tempada na que para algúns supuxo a súa primeira inmersión no mundo do baloncesto", comentan dende o Areixa. "Cumprimos así cun dos principais obxectivos suscitados a principios da tempada 2014-2015 de fomentar, promocionar e desenvolver o deporte do baloncesto entre os máis pequenos do noso concello de Nigrán", salientan.