O club de arco Serra de Gondomar acada tres podios en Moscoso

Imprimir
josepresa

Con case 100 arqueiros tiña lugar a 4ª tirada da liga Galega de bosque 3D do clube Cazarco, encargado da organización da proba nun percorrido de 20 dianas.

O club Serra de Gondomar esta vez con 12 participantes 4 senior e 8 menores de 14 anos obtería tres podios, en categoría senior Jose Carlos Presa seria primeiro en arco desnudo categoría de alto nivel competitivo. Os outros tres senior Israel Martinez, Marco Melon e Miguel Angel entrarían entre os 10 primeiros postos.

Xa na categoria de menores de 14 anos, en arco composto Ruben Rodriguez consiguiu outro primeiro posto e Anxo Martinez sería terceiro. Os outros 6 menores Xes Argüelles, Iker Barbero, Sergio, Adrian, Xoel e Uxia quedaron entre os 10 primeiros postos.