Baiona achega novos folgos ao Club Ciclista Rías Baixas na preparación da Clásica do Guadiana.

Imprimir
rias baixas baiona

A formación Elite e Sub 23 do Club Ciclista Rías Baixas concentrouse o pasado fin de semana no Parador de Baiona como inicio da preparación para a próxima tempada. Baixo a dirección de Marcos Serrano, novo responsable deportivo do equipo, realizaron diversas actividades. Ademais, o técnico transmitiulles as normas de funcionamento do conxunto a partir deste momento. Á cita tamén acudiu José Luís Chamorro, o presidente do club.


Doce corredores participaron en diversos adestramentos colectivos sen bicicleta e recibiron charlas de varios especialistas sobre aspectos físicos e tamén de cardioloxía.
Marcos Serrano considerou"moi positiva esta primeiras xornadas de convivencia. É importante manter a unión do grupo, saber os obxectivos que nos marcamos e ademais afondar nos coñecementos que deben ter os ciclistas. É unha forma de crecer", salienta.
A primeira carreira que disputará o Club Ciclista Rías Baixas será a Clásica do Guadiana, unha proba correspondente á Copa de España que se disputará en Estremadura no mes de febreiro.